Kaufe Deine Eintrittskarten
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
Comeza o curso 25-26, rapazada!
Estamos moi contentas de anunciar o que pode ser o novo fogar dos bailes de ACDC este curso La Gata Manda, no polígono de Alvedro, a un paso do aeroporto.
E para a estrea…
Chega un son que non precisa presentación:
The Big Bad Sound from A Coruña – Soundkilla Soundsystem
O primeiro sistema de son artesanal de Galiza, con máis de 10 anos facendo tremer o país a base de dubplates, disposto a facer vibrar La Gata Manda por primeira vez!
Pero isto non remata aquí…
Dende o outro lado do charco chega Greenselector , cunha maleta chea de clásicos do soundsystem brasileiro e o seu inconfundible estilo de rub-a-dub specialist.
E como non, na casa estará Bassdealer (ACDC), lista para pechar a noite cunha selección poderosa que xa coñecedes ben.
Na Gata Manda teredes bocadillos e servizo de bar para repoñer forzas durante a noite.
Lembrade: aforo limitado, xentiña!
Novo espazo, novo estilo, novo curso!
13/09/2025
20:00 – 03:00
Anticipadas: 8 € (Entradium)
Porta: 10 €
Zugangsrichtlinien
Kommentare
1